Etiquetas

,

Que é un blog?

Un Weblog (do inglés web + log), blogbitácora ou blogue é unha páxina web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, chamados webloggers, sobre un tema en particular a modo de diario on-line.

Hai algunhas características que son comúns á maioría dos weblogs, como que os lectores poidan deixar comentarios, unha lista con ligazóns a outros weblogs, chamada blogroll, un arquivo coas publicacións anteriores, etc.

[vía Galipedia]

Por que un blog?

  1. Simplicidade. Non é preciso ter coñecementos avanzados de informática para crear e xestionar un blog.
  2. Custos. É sinxelo encontrar espazos onde se oferta a posibilidade de crear un blog totalmente de balde e cunha ampla funcionalidade. WordPress, Blogger, Blogaliza…
  3. Un blog é activo. Un blog crea lectores activos. Xera unha conversa, pois convida á participación.
  4. Maleabilidade. Non hai un abano pechado de posibilidades de uso das ferramentas blog existentes.
  5. Organización. O uso de categorías e etiquetas permite a localización sinxela dos contidos.
  6. Interacción. Permite xerar unha conversa entre autores e lectores e tamén compartir contidos e información a través doutras ferramentas (RSS, redes sociais, mail, etc).

No ámbito educativo, son innumerables as posibilidades que nos permite. Entre estas, podemos encontrar:

  • Desenvolvemento da competencia dixital.
  • Abre novos espazos de comunicación e interacción entre profesorado e alumnado.
  • Permite o traballo colaborativo.
  • Resulta estimulante.
  • Múltiplas posibilidades de uso: prensa de aula, ampliación de recursos, podcast, videoblogs…

Se ben estas son algunhas das posibilidades que nos permite a creación e uso dun blog, precísase unha planificación previa antes de comezar de crear e lanzarse a dotalo de contidos.

[Ligazón de interese: Aproximación al uso del Blog como recurso de enseñanza y aprendizaje (Alfredo García)]

Partes principais dun blog

Aspecto Blog

Advertisements