Glosario

Blogroll: listaxe de ligazóns doutros blogs que un blogueiro entende como interesantes e útiles, similar a unha listaxe de favoritos.

Blogomillo: blogosfera galega.

Blogosfera: conxunto de blogs agrupados por algún criterio específico (localización, temática, idioma).

Bloguear: acción de publicar en blogs.

Blogueiro: escritor de publicacións para formato de blog. É común o uso do termo inglés blogger.

Borrador: entrada ingresada no sistema de publicación, mais que aínda non foi publicada. En inglés chámaselle draft.

Edublog: blog orientado á educación.

Etiqueta: texto que designa o valor semántico dun obxecto.

Fotolog: blog creado, principalmente, a partir de fotos e imaxes.

Ligazón: orde de programación mediante a cal se vincula un nodo de orixe cun nodo de destino, sendo o nodo de orixe, por exemplo, unha palabra, frase ou imaxe e o nodo de destino calquera páxina ou obxecto da Rede.

Permalink: ligazón permanente. O enderezo único que se lle asigna a cada entrada da bitácora.

Plugins: arquivos que engaden funcionalidades e características a un blog.

Post: unidade de publicación de un blog. Generalmente es un párrafo más o menos breve con enlaces a páginas web, comentarios, la fecha y hora de publicación, y ordenados de menor a mayor antigüedad.

RSS: Really Simple Syndication (sindicación realmente simple). Protocolo que publica automaticamente un arquivo cos títulos, descricións e ligazóns ás publicacións dun blog. Con programas específicos, permite estar ao tanto de novidades en múltiplos blogs ao tempo.

Spam: mensaxes non solicitados, indesexados, que adoitan atascar os blogs a través de comentarios.

TrackBack: sistema automático que permite ao autor dun blog saber se alguén creou unha ligazón a unha das súas publicacións. Tamén pingback.

Troll: usuario de internet que utiliza os mecanismos de interactividade para sabotear os debates en curso, escribindo mensaxes incendiarios (flames) para enfadar os participantes.

Widget: pequena aplicación ou programa que ten como obxectivo dar fácil acceso a funcións empregadas frecuentemente e achegar información visual. Aínda que non é condición indispensable, os widgets adoitan estar “empotrados” noutra web.

[Está páxina irá actualizándose segundo avancen as aulas]

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s