Actividade: as imaxes

Etiquetas

pintura

Nesta actividade, procuraremos imaxes para ilustrar unha serie de textos. Publicarémolo no noso propio blog co título “Actividade: as imaxes + número de texto”.

1.- As bandas sonoras

En sentido amplo, unha banda sonora orixinal ou unha BSO (do inglés Soundtrack ou OST) é a parte do son completo e os resultados da edición de diferentes pistas sonoras dunha creación audiovisual. Inclúense por tanto os diálogos, os sons e a música así como os acompañamentos paralelos. Non obstante, normalmente o termo utilízase nun sentido máis restrinxido e refírese só á música do filme ou mesmo á comercialización dos temas musicais dunha obra como os videoxogos, o software, a televisión ou a radio.

Dende un punto de vista musical, enténdese como banda sonora orixinal a música, tanto vocal como instrumental, composta expresamente para unha obra, especialmente un filme, cumprindo o propósito de mellorar as emocións que as imaxes, os sons e os diálogos non poden expresar por si sós.

No sentido físico, a banda sonora dun filme pode ser de dous tipos: magnética ou óptica. No primeiro caso, unha ou máis bandas de gravación pasan polas beiras da cinta magnética da película. Estas liñas teñen que ser lidas por un dispositivo en sincronía coa proxección das imaxes, de forma que os sons son xerados de forma semellante ao que facía un lector de cinta. No caso de bandas sonoras ópticas, son áreas claras e escuras nun ou en ambos lados da cinta da película. As diferentes intensidades de luz son convertidas en impulsos eléctricos para crear a banda sonora. Actualmente xa se están usando sistemas dixitais.

Nos últimos anos, algúns compositores famosos foron: John Williams, Joe Hisaishi, Hans Zimmer, James Newton Howard, Danny Elfman, Basil Poledouris, James Horner, Vangelis, Nicola Piovani ou Ennio Morricone.

2.- A vexetación de Galicia

A vexetación de Galicia caracterízase por posuir unha flora moi heteroxénea entre a que se atopan carballos, abeleiras, bidueiros, sobreiras, aciñeiras, piñeiros, acacias, salgueiros, loureiros, pradairos, freixos, eucaliptos, ou érbedos, por mor de que esta vexetación se atopa en lugares de confluencia dos dous tipos de clima de Galicia, o oceánico ou atlántico e o mediterráneo. O bosque orixinal ou primario galego é a fraga, e a árbore por excelencia o carballo, que forma carballeiras. O bosque de ribeira vese dominado polo ameneiro. Tamén son abundantes as matogueiras nas zonas altas: uceiras, toxos e xestas dominan estas formacións polo xeral. A acción do home modificicou a paisaxe galega dende a antiguidade coa agricultura. Coa introdución de especies exóticas dende hai uns 150 anos, principalmente piñeiros e eucaliptos, as formacións galegas mudaron moito. Os incendios forestais son un problema engadido que favorece a perda de biodiversidade.

En xeral a vexetación existente nun territorio depende das características de tres factores, o solo, o clima e a acción antrópica.

Galicia caracterízase polo predominio de substratos acedos e de cursos de augas oligótrofas, así como pola oceaneidade do clima e a escasa incidencia do período de seca estival, aínda que esta aumenta progresivamente de norte a sur.

[Todos os textos foron tirados da Galipedia]

Advertisements

Creando artigos (2 de 4): as imaxes

Etiquetas

As imaxes son elementos básicos e necesarios á hora de xestionarmos un blog. A adecuada escolla destas, a súa relevancia e mesmo a súa disposición no corpo dun artigo poden mellorar ou empeorar a experiencia do usuario. Seguide as instrucións do monitor para coñecer o proceso de carga e publicación de imaxes.

Algunhas recomendacións á hora de incluírmos imaxes nunha publicación:

  • Atende á calidade da imaxe. Unha imaxe de baixa calidade, pequena, distorsionada, pixelada, dará unha mala impresión do teu post.
  • Evita a saturación. As imaxes ralentizan a carga das páxinas. Unha publicación cunha excesiva cantidade de imaxes pode tardar moito en verse en dispositivos cunha conexión lenta.
  • Non empregues imaxes doutro servidor. Isto é, carga sempre a imaxes desde o teu propio equipo. Evitarás depender de circunstancias alleas para manteres os contidos do teu blog.

[Ligazón de interese: cómo subir imaxes en WordPress [EN] ]

Actividade: o texto

Etiquetas

,

Imos analizar o traballo realizado noutros blogs.

A nosa labor consistirá en realizar un comentario sobre cada unha das publicacións que ligaremos a continuación. Crearemos un artigo no noso propio blog coas ligazóns correspondentes, un resume breve sobre o contido da entrada e unha listaxe de tres comentarios, como mínimo, sobre cada entrada. Nos postos da aula nos que haxa máis de unha persoa, deberá realizarse a actividade individualmente. Atenderemos a elementos como a redacción, o uso de ligazóns, categorías, etiquetas, etc.

Ligazóns a comentar:

  1. Eureka: “Deep Space Industries, otra empresa de minería de asteroides”
  2. La receta de la felicidad: “Brownie en cáscara de huevo”
  3. Yo fui a EGB: “Diez taquillazos de la EGB”
  4. Bolboretas galegas: “Aelia rostrata (Boheman, 1852)”
  5. Trece poemas: “Díxenllo á noite triunfa en Tel-Aviv”

Exemplo: El comidista: “Top 10 de recetas de La Gulateca”

Trátase dunha presentación dun blog sobre cociña e mais unha breve selección das súas mellores receitas.

  1. Claridade textual. Primeiro sitúa unha presentación da web que comenta e despois unha listaxe das mellores receitas. As listaxes adoitan funcionar moi ben nas publicacións dun blog. Os parágrafos son uniformes e o formato do texto tamén.
  2. Os títulos de cada receita da listaxe liga directamente ao artigo da web comentada no que se explica, o que facilita moito o traballo do lector.
  3. A etiqueta Blogs de cocina que emprega o autor permítenos acceder a outras análises realizadas polo autor do blog.

Creando artigos (1 de 4): o texto

Etiquetas

,

Ademais da configuración do noso blog, moitas das posibilidades que nos achega esta ferramenta encontrarémolas a través da creación de artigos e das múltiplas accións que isto nos permite. Entre as principais, atopamos:

  1. Texto
  2. Incluír imaxes
  3. Incluír arquivos
  4. Incrustar elementos externos (presentacións, galerías de imaxes, vídeo, son…)

O texto

Esta imaxe correspóndese co formulario de edición de artigos, de posts, en WordPress. É importante estarmos familiarizados con el e coñecer as súas funcionalidades.

No que refire ao cadro de edición do texto, alén das posibilidades básicas que permite na edición de texto no que refire ao seu formato e organización, similares á maioría dos editores de texto, é importante tirar rendemento da opción inserir/editar ligazón.  Esta permitirá vincular determinado fragmento textual a un contido web. As ligazóns permiten mellorar a experiencia do usuario, aínda que é preciso termos en conta as seguintes máximas:

  1. Non debemos incluír moitas ligazóns. Ralentizarán a lectura.
  2. Deben resultar relevantes. Se unha ligazón non engade nada novo ou que non estea en relación co tema tratado, carecerá de valor.

Fóra do propio cadro de edición, tamén son importantes tres dos recadros laterais da pantalla de edición de artigo: publicar, categorías e etiquetas.

Recadro Publicar

Deteñámonos nos diferentes cadros e opcións que nos ofrece:

  • Estado. Podemos escoller entre Borrador ou Pendente de revisión. Isto ten importancia, por exemplo, en casos nos que o profesor guía a aula desde un blog ou cando traballamos colaborativamente.
  • Visibilidade. Permite escoller entre que a publicación sexa visible por todas as persoas con acceso ao blog ou limitar mediante diferentes opcións o seu acceso. Pódese aproveitar esta posibilidade, por exemplo, cando traballamos nun blog de aula na que existen diferentes grupos de alumnos realizando diferentes traballos. Deste xeito, podemos dirixir certas publicacións a grupos en concreto.
  • Publicar en: permite a publicación en diferido do artigo. Permite unha mellor organización temporal da labor como administrador do blog.
  • Divulgar: de termos vinculado o noso blog a algunha conta dunha rede social, a publicación reflectiríase nesta. Pode ser de interese, poñamos por exemplo, no caso dun blog dirixido a nais e pais con convocatorias e que estean vinculados ao centro a través dalgunha rede social.

Recadro Categorías

Permite situar o blog nas diferentes categorías que teñamos creadas no noso blog.

Recadro Etiquetas

Sinalar as etiquetas coas que queremos marcar a nosa publicación. É importante entendermos a diferenza entre unha categoría e unha etiqueta:

    • As categorías pódense organizar xerarquicamente e as etiquetas non
    • Unha categoría pode funcionar como unha etiqueta, pero unha etiqueta non pode funcionar como unha categoría.
    • As etiquetas achegan meta-información (información sobre a información).
    • As etiquetas resultan máis efectivas á hora de que os buscadores encontren información do noso blog.

[Ligazón de interese: consellos para a redacción dun post nun blog [ES]]

Actividade: planificando o noso blog

Etiquetas

informatica[1]
Imos poñernos na pel dunha persoa que desexa crear un blog. Crearemos no noso blog un post as diferentes consideracións a termos en conta á hora de crealo e de xestionalo, por exemplo:

  • Finalidade
  • Tipo de contidos que farán parte do blog
  • Páxinas
  • Perfís de usuario
  • Categorías
  • Ligazóns
  • Público ao que estará dirixido
  • Periodicidade das publicacións
  • Xestión da conversa. Política de comentarios
  • Actividades para dinamizalo
  • Liña gráfica

En resume, todo aquilo que consideremos pertinente á hora de encamiñar a nosa labor como blogueiras e blogueiros.

Crearemos unha entrada no noso propio blog con esta actividade e comentaremos nesta mesma entrada unha ligazón á nosa actividade. O título do noso post será “Planificando o noso blog: [perfil seleccionado]”.

Os diferentes perfís e áreas de interese que podedes escoller para esta actividade son os seguintes:

  • Asociación cultural
  • Motor
  • Moda
  • Consumo
  • Cinema
  • Grupo de música
  • Escultura
  • Deportes [pode ser dunha disciplina en concreto]

Actividade: os nosos blogs favoritos

BLOG

Esta actividade é ben sinxela. Só teremos que deixar apuntados nos comentarios enderezos de blogs que seguimos ou coñecemos e sinalar por que consideramos que resultan de interese. Podedes consultar co resto da aula para tomar ideas ou mesmo para debater sobre os aspectos positivos ou negativos das diferentes achegas.

Exemplo:

C’mmons baby!. Blog no que se publican podcasts musicais orixinais no que se poden coñecer bandas e solistas que publican a súa obra en licenzas Creative Commons.

Que é un blog?

Etiquetas

,

Que é un blog?

Un Weblog (do inglés web + log), blogbitácora ou blogue é unha páxina web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, chamados webloggers, sobre un tema en particular a modo de diario on-line.

Hai algunhas características que son comúns á maioría dos weblogs, como que os lectores poidan deixar comentarios, unha lista con ligazóns a outros weblogs, chamada blogroll, un arquivo coas publicacións anteriores, etc.

[vía Galipedia]

Por que un blog?

  1. Simplicidade. Non é preciso ter coñecementos avanzados de informática para crear e xestionar un blog.
  2. Custos. É sinxelo encontrar espazos onde se oferta a posibilidade de crear un blog totalmente de balde e cunha ampla funcionalidade. WordPress, Blogger, Blogaliza…
  3. Un blog é activo. Un blog crea lectores activos. Xera unha conversa, pois convida á participación.
  4. Maleabilidade. Non hai un abano pechado de posibilidades de uso das ferramentas blog existentes.
  5. Organización. O uso de categorías e etiquetas permite a localización sinxela dos contidos.
  6. Interacción. Permite xerar unha conversa entre autores e lectores e tamén compartir contidos e información a través doutras ferramentas (RSS, redes sociais, mail, etc).

No ámbito educativo, son innumerables as posibilidades que nos permite. Entre estas, podemos encontrar:

  • Desenvolvemento da competencia dixital.
  • Abre novos espazos de comunicación e interacción entre profesorado e alumnado.
  • Permite o traballo colaborativo.
  • Resulta estimulante.
  • Múltiplas posibilidades de uso: prensa de aula, ampliación de recursos, podcast, videoblogs…

Se ben estas son algunhas das posibilidades que nos permite a creación e uso dun blog, precísase unha planificación previa antes de comezar de crear e lanzarse a dotalo de contidos.

[Ligazón de interese: Aproximación al uso del Blog como recurso de enseñanza y aprendizaje (Alfredo García)]

Partes principais dun blog

Aspecto Blog